Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O río Araz (tamén transcrito como Araks, Arax, Araxi, Araxes, o Araz (en armenio, Արաքս; en acerbaixano, Araz; en persa: ارس; en kurdo, Aras o Araz) é un largo río das montañas do Cáucaso, o principal afluente do Kurá, que desemboca no mar Caspio. Pasa por Turquía, Armenia, Irán e Acerbaixán.
Ten unha lonxitude de 1.072 km e drena unha ampla cunca de 102.000 km², maior que países como Corea do Sur, Hungría ou Portugal.
O Aras nace ao sur da cidade de Erzurum, na vertente noroeste do actual monte Palandoken Dagi (en Turquía), fluíndo ao largo das fronteiras entre Turquía e a Armenia turca, entre Irán e a actual Armenia, e entre Irán e a República de Acerbaixán, para finalmente entrar en Acerbaixán. Alí desemboca no río Kurá e este desemboca finalmente no Mar Caspio.