Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hessen é un estado libre entre os 16 Estados federados de Alemaña. Atravesado polo bosque de Hessen e situado no centro xeográfico do país. Algunhas cidades importantes deste estado son Frankfurt, Wiesbaden (capital), Kassel, Darmstadt, Marburg e Wetzlar.
O estado limita ó norte co estado de Baixa Saxonia ó nordés e ó leste co estado de Renania do Norte-Westfalia, ó oeste co estado de Turinxia, polo suroeste co estado de Baviera, ó sur co estado de Baden-Württemberg et polo leste co estado de Renania-Palatinado.
Hessen está dividido en 21 distritos (Kreis no singular, Kreise no plural) e 5 cidades independentes.
Mapa da Hessen mostrando os distritos e cidades independentes.
Distritos da Hessen:
Cidades independentes (Stadtkreise), que non pertencen a ningún distrito:
A comezos do século XIX, e como consecuencia das guerras Napoleónicas, o territorio que comprende este estado pasou a formar parte da Confederación do Rin.
Este estado tomou a súa forma actual despois do fin da segunda guerra mundial, tras a fusión de Hesse-Darmstadt con antigos territorios prusianos.