Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ugly Kid Joe é unha banda estadounidense de hard rock procedente de Isla Vista, California. O seu nome é unha parodia do nome do grupo Pretty Boy Floyd. O son de Ugly Kid Joe abrangue un rango de estilos que pasa polo rock, o glam metal, o hard rock e o heavy metal.
Despois de editar tres álbum e de xirar extensamente durante os anos 90, Ugly Kid Joe separouse en 1997, e posteriormente reformouse no ano 2010.