Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha loura moi legal (en inglés: Legally Blonde) é un filme estadounidense dirixido por Robert Luketic que se estreou no 2001. Estreouse en galego a través da TVG o 2 de marzo de 2012.[2]
Elle Woods é a loira prototípica, unha rapaza popular, boa estudante, presidenta da súa irmandade e Miss Xuño no calendario da Universidade. Desfrutou dunha vida marabillosa e está namorada de Warner Huntington III. Pero todo derrúbase cando o seu noivo decide romper con ela debido a que é loira e non formal de abondo para a súa futura carreira no mundo da política. Decidida a saír adiante, Elle matricúlase na Facultade de Dereito da Universidade de Harvard, asumindo un reto aínda maior do que agardaba.