Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The OA é unha serie de televisión estadounidense de misterio e ciencia ficción con elementos de fantasía,[5][6] que foi estreada en Netflix o 16 de decembro de 2016.[7][8] Creada e producida por Brit Marling e Zal Batmanglij, a serie é a súa terceira colaboración xuntos.[7][8] Componse de oito episodios, todos eles dirixidos por Batmanglij, e está producida por Plan B Entertainment e Anonymous Content.[9] Na serie, Marling protagoniza unha moza chamada Prairie Johnson que reaparece despois de sete anos desaparecida. Prairie agora chámase a si mesma "The OA", e malia que antes de desaparecer era cega, agora pode ver.