Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Estado de Israel ( hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il) é un país no Oriente Medio (oeste de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na costa oriental do mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria e legalmente un estado xudeu. Fai fronteira co Líbano ao norte, con Siria ao nordeste, con Xordania e Cisxordania ao leste, con Exipto e a [[fran
xa de Gaza]] ao suroeste, e co golfo de Aqaba (no mar Vermello) ao sur. O Mediterráneo bordéao polo seu oeste, e entre Xordania e Exipto sae uns poucos quilómetros ó golfo de Aqaba, extensión do mar Vermello (tamén chamado golfo de Eilat). Igualmente, ten costa co mar Morto (mar interior). Xeograficamente, contén diversas características dentro do seu relativamente pequeno territorio Israel defínese como un "Estado xudeu e democrático" nas súas Leis Básicas e é o único Estado de maioría xudía do mundo...
|
|
|
Artigo destacado
|
A Operación Entebbe foi unha misión de rescate de reféns levada a cabo polas Forzas de Defensa de Israel (FDI) no Aeroporto de Entebbe, en Uganda, o 4 de xullo de 1976. Unha semana antes, o 27 de xuño, unha aeronave de Air France con 248 pasaxeiros foi secuestrada por terroristas palestinos e simpatizantes, tomando rumbo a Entebbe, cerca de Kampala, a capital de Uganda. Pouco despois da aterraxe todos os pasaxeiros non xudeus foron liberados, quedando retidas noventa e catro persoas, a maioría israelís e os doce membros da tripulación de Air France.
As accións do exército israelí baseáronse na información subministrada pola axencia de intelixencia israelí, o Mosad. A operación ideouse a consecuencia do secuestro por parte da organización militante Células Revolucionarias e a Fronte Popular para a Liberación de Palestina, xunto coa ameaza dos secuestradores de matar aos reféns se non se cumprían as súas exixencias de liberación de presos...
|
Biografía destacada
|
|
Sabías que...?
|
|
Símbolos nacionais
|
|
|
|
Imaxe destacada
|
|
Artigos de calidade e bos
|
Artigos de calidade (1)
Artigos bos (0)
|
Categorías
|
Queres atopar artigos relacionados con Israel? Proba buscando nas seguintes categorías:
|
|