Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A poboación humana mundial é o número total de persoas que viven en todo o mundo nun momento específico. Está determinada polos nacementos e os falecementos dos individuos, así como pola súa esperanza de vida.[4][5]
A poboación mundial pasou dos case 1000 millóns no ano 1800 a máis de 6000 millóns no ano 2000, e o 30 de outubro de 2011 acadáronse os 7000 millóns.[2][6]
As estimacións da ONU (baseadas en estatísticas) calcularon aproximadamente que o 30 de outubro de 2011, o planeta alcanzaría a cifra de 7000 millóns de habitantes. Segundo estimacións da ONU no ano 2008, cada minuto nacen entre 323 e 358 bebés en todo o mundo.[7]
É usual que en artigos científicos, ensaios, e outro tipo de escritos, sexa tomada a expresión en toda a humanidade como equivalente a en toda a poboación mundial.
Un reloxo de MDB poboación é un contador que recolle o aumento ou descenso da poboación nun territorio.
Algúns contadores da poboación mundial son os seguintes: