www.fgks.org   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Sylvia Earle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSylvia Earle

(2009) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de agosto de 1935 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Gibbstown, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Duke - Doutora en filosofía (–1967)
Universidade Estatal de Florida Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoOceanografía, Joule e bioloxía mariña Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbióloga mariña , botánica , exploradora , oceanógrafa , bióloga Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de California en Berkeley Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
20 de xaneiro de 2020Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2020 Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaS.A.Earle Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1862168 Twitter: SylviaEarle TED: sylvia_earle BNE: XX5295389 WikiTree: Reade-609 Editar o valor em Wikidata

Sylvia Alice Earle, nada en Gibbstown (Nova Jersey) o 30 de agosto de 1935, é unha bióloga mariña, exploradora e escritora estadounidense. É a autora de numerosos documentais para National Geographic dende 1999. Earle foi a primeira científica xefa da Administración Nacional Oceánica e Atmosférica e foi nomeada pola revista Time como o primeiro Heroe do planeta en 1998.[1] Dedicou a súa vida a estudar a situación dos océanos. Tamén colaborou no estudo dos danos causados por varias verteduras de petróleo producidos durante a primeira guerra do Golfo ou os provocados por petroleiros como o Exxon Valdez ou a plataforma petrolífera Deepwater Horizon. En 2018 recibiu o Premio Princesa de Asturias da Concordia[2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Despois de recibir o seu doutoramento en 1966, Earle pasou un ano como investigadora en Harvard, e logo regresou a Florida como directora residente do laboratorio Cape Haze Marine.[4] En 1969 solicitou incorporarse ao Proxecto Tektite, unha instalación a quince metros debaixo da superficie do mar fronte á costa das illas Virxes que permitiu aos científicos vivir mergullados na súa área de estudo durante varias semanas. A pesar de que rexistrara máis de 1000 horas de investigación baixo a auga, Earle foi excluída do programa. O ano seguinte, foi seleccionada para dirixir o primeiro equipo feminino de acuanautas en Tektite II.[5]

En 1992, Earle estableceu a compañía Deep Ocean Exploration and Research para avanzar en temas de enxeñaría mariña. A compañía, posteriormente dirixida por Elizabeth, filla de Earle, deseña, constrúe e opera equipos para ambientes de augas profundas.[6]

Experta no impacto dos derramamentos de petróleo, Earle foi convocada para dirixir varias viaxes de investigación durante a Guerra do Golfo en 1991 para determinar o dano ambiental causado pola destrución dos pozos petrolíferos kuwaitís por parte de Iraq. Dada a súa experiencia pasada cos derramamentos de petróleo do Exxon Valdez e Mega Borg, Earle foi convocada como consultora durante o desastre da Deepwater Horizon no golfo de México en 2010.

En 2010, na Conferencia Internacional Modelo das Nacións Unidas da Haia, Earle pronunciou un discurso de 14 minutos fronte a 3500 delegados e embaixadores das Nacións Unidas. En xullo de 2012, Earle dirixiu unha expedición ao laboratorio submarino Aquarius de NOAA, situado preto de Key Largo, Florida. A expedición, chamada "Celebrando 50 anos de vida baixo o mar", conmemorou o quincuaxésimo aniversario do proxecto Conshelf I de Jacques Cousteau e investigou os arrecifes de coral e a saúde dos océanos. Mark Patterson codirixiu a expedición con Earle. O seu equipo de acuanautas tamén incluíu o cineasta submarino D.J. Rodillo e o oceanógrafo M. Dale Stokes.[7]

Logros e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  1. "Sylvia Earle, Oceanographer Information, Facts, News, Photos". National Geographic. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2010. Consultado o 16 de xuño de 2018. 
  2. "La oceanógrafa de National Geographic Sylvia Earle, Premio Princesa de Asturias de la Concordia". El Mundo (en castelán). 13 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2018. Consultado o 16 de xuño de 2018. 
  3. "Sylvia A. Earle - Premiados - Premios Princesa de Asturias - Fundación Princesa de Asturias". Fundación Princesa de Asturias (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2018. 
  4. "Sylvia Earle, PhD - NOGI". Academy of Underwater Arts and Sciences. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2008. Consultado o 2018. 
  5. Collette, BB (1996). "Results of the Tektite Program: Ecology of coral-reef fishes.". In: MA Lang, CC Baldwin (Eds.) The Diving for Science…1996, "Methods and Techniques of Underwater Research" Proceedings of the American Academy of Underwater Sciences Sixteenth Annual Scientific Diving Symposium (Washington, D.C.: Smithsonian Institution). Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2012. Consultado o 2018. 
  6. "About DOER Marine". DOER Marine. Consultado o 2018. 
  7. "Celebrating 50 Years of Living Beneath The Sea". University of North Carolina Wilmington. 2012. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2012. Consultado o 2018. 
  8. 8,0 8,1 8,2 "Sylvia Earle". literati.net. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2021. Consultado o January 21, 2015. 
  9. "Sylvia A. Earle, Ph.D. - Science - 1976". Academy of Underwater Arts & Sciences. Arquivado dende o orixinal o April 14, 2016. Consultado o April 1, 2016. 
  10. "Sylvia Earle, Oceanographer". National Geographic Society. Arquivado dende o orixinal o December 13, 2011. Consultado o December 16, 2011. 
  11. Burnaby Mail, "Her Deepness drops in and warns of the growing threat to the oceans", Deborah Smith, 2011 November 23 (accessed March 25, 2012)
  12. "Past Gold Medal Recipients". www.iswg.org. Arquivado dende o orixinal o January 21, 2015. Consultado o January 21, 2015. 
  13. "Sylvia Earle Biography". www.achievement.org. American Academy of Achievement. 
  14. "Sylvia Earle". www.lindberghfoundation.org. Lindbergh Foundation. Arquivado dende o orixinal o October 16, 2014. Consultado o January 21, 2015. 
  15. "Sylvia Alice Earle". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2016. Consultado o 10 de xuño de 2024. 
  16. "Bal de la Mer". www.seakeepers.org. Arquivado dende o orixinal o January 21, 2015. Consultado o January 21, 2015. 
  17. "1998". www.global500.org. Global 500. Consultado o January 21, 2015. 
  18. "Sylvia Earle's Excellent Adventure". www.nwf.org. National Wildlife Federation. Consultado o January 21, 2015. 
  19. "Sylvia A. Earle – National Women's Hall of Fame". Arquivado dende o orixinal o January 27, 2013. Consultado o August 30, 2013. 
  20. "Sylvia Earle - Living Legends | Library of Congress". The Library of Congress. Consultado o 2016-11-12. 
  21. "Dr. Sylvia Earle, 2000". Women Divers Hall of Fame. 2015. Arquivado dende o orixinal o March 1, 2021. Consultado o 20 October 2018. 
  22. "Awards and Recognition". 
  23. "2004 Award Winners & Finalists". www.banksiafdn.com. Banksia Foundation. Arquivado dende o orixinal o January 21, 2015. Consultado o January 21, 2015. 
  24. "Past Speakers and Medalists". barnard.edu. Barnard College. Consultado o January 21, 2015. 
  25. "Sylvia A. Earle". www.sigmaxi.org. Sigma Xi. Consultado o January 21, 2015. 
  26. "Edizioni Premio Artiglio". www.artiglio.org. Artiglio. Arquivado dende o orixinal o February 7, 2016. Consultado o January 21, 2015. 
  27. "2009 Winners". Arquivado dende o orixinal o December 28, 2011. Consultado o December 16, 2011. 
  28. "Sylvia Earle - 2010". Roy Chapman Andrews Society. 
  29. "Sylvia Earle to be 2011 commencement speaker". Arquivado dende o orixinal o July 23, 2011. Consultado o May 15, 2011. 
  30. "About Us". 
  31. "Ocean record-breaker to visit NMMU". Port Elizabeth Herald. April 12, 2013. Arquivado dende o orixinal o April 14, 2013. Consultado o 2013-04-17. 
  32. "In Her Words". nationalgeographic.com. National Geographic. Arquivado dende o orixinal o January 21, 2015. Consultado o January 21, 2015. 
  33. Shaw, Martha (August 7, 2014). "Sylvia Earle and Sam Low Win Cronkite Award as Mission Blue Debuts on Martha's Vineyard". ecowatch.com. Consultado o January 21, 2015. 
  34. "2014 Laureates". www.unep.org. UNEP. Arquivado dende o orixinal o July 14, 2015. Consultado o January 21, 2015. 
  35. "Sylvia Earle". www.glamour.com. Glamour. November 5, 2014. Consultado o January 21, 2015. 
  36. "The Tribute Ceremony in Honor of Sylvia Earle". explorers.org. Arquivado dende o orixinal o June 23, 2016. Consultado o January 21, 2015. 
  37. Systems, eZ. "Sylvia Earle is the winner of The Rachel Carson Prize 2017 / Prisvinnere / Rachel Carson - Carson". www.rachelcarsonprisen.no. Arquivado dende o orixinal o November 7, 2017. 
  38. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome :1
  39. "Sylvia A. Earle - Premiados - Premios Princesa de Asturias - Fundación Princesa de Asturias". Fundación Princesa de Asturias (en castelán). Consultado o 2018-06-19. 
  40. "Honorary Graduates in 2018". The University of Edinburgh (en inglés). Consultado o 2018-07-23. 
  41. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome :2
  42. "Stibitz-Wilson Awards". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Francesca Cavallo e Elena Favilli (2017). Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes. Editorial: Destino Infantil y Juvenil ISBN: 978-950-49-5870-3
  • Irene Cívico, Sergio Parra e Núria Aparicio (ilustradora). Las chicas van donde quieren. 25 aventureras que cambiaron las historia Editorial Montena, 2019. ISBN: 978-84-1746-064-8

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]