Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santa Mariña é un lugar da parroquia de Graba, no concello pontevedrés de Silleda na comarca de Deza. Segundo o IGE no 2016 tiña 37 habitantes (18 homes e 19 mulleres) o que supón a diminución no número de habitantes con respecto a 2010 cando contaba con 39.
Neste lugar atópase unha pequena capela dedicada a Santa Mariña, cuxa festividade se celebra o 18 de xullo. A Santa Mariña foi unha mártir galega do século II. Neste lugar foi onde se atopou, nos albores do século XX, unha ara na honra dos Lares Viales, protectores dos camiños, que fica a día de hoxe no Museo de Pontevedra.
A poboación desta aldea grabense oscilou da seguinte maneira durante os anos 2000 e 2010: