Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O SKA San Petersburgo (en ruso: СКА Санкт-Петербург) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de San Petersburgo (Rusia), que compite na Kontinental Hockey League. As súas cores son o vermello, azul e branco.
SKA é unha abreviación de Sports (K)Club of the Army (Club Deportivo do Exército).
O club foi fundado en 1946 baixo o nome de ODO Leningrad e logo de participar en tódalas tempadas da primeira división do Campionato da Unión Soviética a excepción de entre 1947 e 1950 e a tempada 1991-92. A partir de 1993 participou na Superliga Rusa. Gañou a Copa Spengler tres veces na década dos '70. No 2008, o club uniuse á Kontinental Hockey League, unha nova competición en Eurasia.