Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marina Esther Traveso, nada en Buenos Aires o 1 de xuño de 1903 e finada na mesma cidade o 18 de marzo de 1996, foi unha actriz e comedianta arxentina, coñecida polo pseudónimo de Niní Marshall. Chamábana a Dama do Humor, a Gran Pallasa do Século, Chaplín con Faldras. Ademais da súa carreira artística, traballou como xornalista e crítica de espectáculos para revistas como Sintonía ou La novela semanal.
Diálogos:
- Los celos de Cándida (1940)
Diálogos adicionais:
- Mujeres que trabajan (1938)
Como intérprete:
Emigrou a México onde deixou como legado a seguinte filmografía:
- Juntos (1982)
- El humor de Nini Marshall (1977)
- Teatralerías (1967)
- Cosas de mamá y papá (1964)
Casou con Felipe Edelman, logo de rematar o colexio secundario e aos dous meses de dar a luz a súa única filla Ángeles, falece súa mai. Por ese mesmo tempo sepárase de seu marido por ser un xogador empedernido e deixalos na ruína. "A miña catástrofe sentimental e económica", chamou ao suceso nas súas memorias de 1985.