Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Microsoft Solitaire[1] é un videoxogo de cartas por ordenador para Microsoft Windows, baseado no xogo homónimo, tamén coñecido como Klondike. Microsoft incluíu o xogo como parte da liña de produtos de Windows dende Windows 3.0, comezando en 1990.[2] O xogo foi desenvolvido en 1989 por Wes Cherry.[3][4] A baralla de cartas foi deseñada pola pioneira de Macintosh Susan Kare.[5]