Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O lago de Atitlán é o accidente hidrográfico máis importante do departamento de Sololá en Guatemala. É unha das principais fontes económicas do departamento, pois ademais de ser un centro turístico de moito atractivo, serve de moito apoio comercial.
Nas marxes do lago érguense os volcáns de Atitlán (3537 msnm), Tolimán (3158 msnm) e volcán San Pedro (3020 msnm).[1] O lago atópase a 1560 metros sobre o nivel do mar e ten 18 km de lonxitude. A súa profundidade, que varía en moitos puntos, é descoñecida. Porén, sondáronse máis de 350 metros de profundidade.
Atitlán e Panajachel en 1900.
O significado da palabra «Atitlán» deriva etimoloxicamente do náhuatl, é un topónimo aglutinado que se estrutura na seguinte forma: Atl significa «Auga», Titlan significa «entre».
A palabra Atl («auga») perde a súa terminación «tl» para unirse coa palabra titlan («entre»), polo tanto, a palabra «Atitlán» tradúcese como «Entre as augas».
- ↑ Los Focos Eruptivos Cuaternarios de Guatemala, Otto H. Bohnenberger, Instituto Centroamericano de Investigación y Tecnología Industrial, Guatemala [1]