Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Orán.
Orán[1] (en árabe: وهران, Wahrān) é unha cidade do noroeste de Alxeria, capital da provincia homónima. Localízase na beira do mar Mediterráneo, a 432 quilómetros da capital Alxer. A cidade ten unha poboación de 759.645 habitantes (2008) e é o principal centro de transporte de mercancías e industrial do occidente do país.
Durante o período colonial francés, Orán foi a capital do departamento de Orán. É un importante porto e centro comercial, e é sede da Universidade de Orán. O barrio antigo da cidade posúe unha alcazaba e unha mesquita do século XVIII. A poboación da cidade era de 674.273 persoas (2009), e a urbana dun millón.