Kíiv[1], ou Kiev,[2][3][4] (en ucraíno: Київ, tr. "Kyiv"[5], [ˈkɪjiw] (AFI),
escoitar; en ruso: Киев, tr. "Kiev") é a capital e maior cidade de Ucraína, cunha poboación de arredor de 3 millóns de habitantes en 2020.[6] Segundo o censo de 2001 a maioría da poboación é de nacionalidade ucraína, concretamente o 82,2%, a principal minoría é a rusa co 13,1% seguido da xudía (0,7%), belarusa (0,6%), polaca (0,3%) e armenia (0,2%). A maioría da poboación, un 75%, declara no censo que o ucraíno é a súa lingua materna pero segundo unha enquisa sociolingüística realizada en 2003 o ruso é a lingua que fala a maioría da poboación, un 52% fala habitualmente ruso, 32% ruso e ucraíno, 14% principalmente ucraíno e só o 4,3% só ucraíno.
Administrativamente, Kíiv é unha cidade cun status especial, independente do oblast (rexión) de Kíiv que a arrodea. Kíiv constitúe un centro industrial, científico, educativo e cultural importante no leste de Europa. A cidade é atravesada polo río Dniéper.
A simboloxía da cidade está formada polo escudo, a bandeira e o himno. A cidade tamén ten un logotipo oficial utilizado para o turismo.
O escudo está formado pola imaxe do patrón do arcanxo Miguel, o patrón da cidade, sobre un escudo azul. Foi aprobado oficialmente polo concello de Kíiv o 18 de abril de 1995. A bandeira de Kíiv é idéntica ao escudo coa diferenza de que o escudo é substituído por unha bandeira.
O primeiro escudo coñecido da cidade data de 1480, formado por un arco cargado endereitado por dous brazos. No século XVIII, o arco foi substituído por unha ballesta, actualmente este escudo utilízase para representar ao Raión Podil. O símbolo do arcanxo Miguel foi usado como escudo de armas do voivodato de Kíiv, do rexemento de Kíiv e como escudo de armas da cidade desde 1782 até a toma da cidade en 1920 polos bolxeviques. Entre 1920 e 1969, a cidade non tivo o seu propio escudo até que se aprobou o emblema soviético de Kíiv, que representa un arco e unha folla de castiñeiro coa heroica estrela da cidade. O escudo de armas soviético de Kíiv foi oficial até a aprobación do actual escudo de armas en 1995.
-
Igrexa de San Miguel
-
Porta de Ouro
-
Pechersk Lavra
-
Pechersk Lavra