Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A île Royale, que se traduciría a galego como Illa Real, é unha das illas da costa de Güiana. Ela e as outras dúas illas dependen da cidade de Cayena, pero en realidade están máis preto de Kourou e son visibles desde a súa praia.
Restos da prisión na Illa Real
A Lei de 31 de marzo de 1931 fixo da Illa Real un lugar de deportación simple, e a Illa do Diaño foi utilizada para a deportación fortificada (como a distinción establecida pola lei de xuño de 1850).
Hoxe en día, hai unha igrexa, un mesón (anteriormente a casa do director da prisión, na parte superior da illa), un museo e un posto de policía na illa.
O Centro espacial de Kourou, propietario da illa, instalou en 1968, un cinéthéodolithe, sistema óptico de seguimento e de observación de lanzadeiras, substituído desde 1995 por un cinétélescope. O CSG tamén está involucrado na restauración dos restos da prisión.
As illas son evacuadas durante os lanzamentos, xa que están por baixo das rutas tomadas polos foguetes espaciais.
-
Esquios vermellos na illa.
-
Porto da illa Real, ca illa de St-Joseph en segundo plano.
-
Hostal da illa, antiga residencia do director da prisión.
-
Belo exemplo de Brugmansia na illa.
-
A illa e o Atlántico.
-
Museo da illa.
-
Taller en ruinas.
-
Ruinas.
-
Igrexa da Illa Real.
-
Faro da Illa Real