Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francesca Schiavone, nada o 23 de xuño de 1980 en Milán, é unha tenista profesional italiana. Gañou o título individual de Roland Garros de 2010, converténdose na primeira muller italiana en gañar un torneo de Grand Slam en individuais. Foi ademais finalista no Roland Garros de 2011. O seu posto máis alto na clasificación WTA é o 4º posto, alcanzado o 31 de xaneiro de 2011.