Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sciurus vulgaris na Pobra do Caramiñal.
A dos esciúridos (Sciuridae) é unha familia de mamíferos da orde dos roedores e suborde dos esciuromorfos que inclúe os esquíos, as marmotas e as cinco especies do xénero Cynomys.
A familia divídes en cinco subfamilias, coas tribos que se indican:
Como todos os roedores, posúe dentes incisivos fortísimos, con que roen sementes con facilidade. Os esciúridos son animais principalmente arborícolas e vive nas copas das árbores. Das copas, saltan dunha póla para outra, chegando os saltos a 5 metros de lonxitude, sen temer a caída.
Os esciúridos están espallados por case todo o mundo, a maioría nas zonas de climas temperado ou tropical, mais tamén nalgunhas zonas de clima frío.
As sementes son a súa principal fonte de alimentación, mais tamén consomen insectos e froitas. Cando os alimentos escasean, invaden niños doutros animais e devoran as crias.