Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Älvalek, "Elf Play" de August Malmström (1866).
Un elfo[1] é un ser sobrenatural da mitoloxía e do folclore xermanos.[2][3] Os elfos aparecen en numerosos textos en inglés antigo e antigo nórdico e aparecen no folclore tradicional británico e escandinavo.
Os elfos eran orixinalmente seres ambivalentes con certas habilidades máxicas que podían axudar ou obstaculizar os seres humanos, pero nas tradicións posteriores convertéronse en seres cada vez máis sinistros[4] que aflixían ós seres humanos e ó gando de diversos xeitos. Na cultura popular moderna asociáronse coas fadas e a cultura románica. O movemento romanticista reviviu o interese polas crenzas da antigüidade,[5] e os elfos entraron no século XX no xénero fantástico a través de traballos publicados por autores como J. R. R. Tolkien.
|
---|
Deuses Heroes | | |
---|
Lugares | |
---|
Eventos | |
---|
Fontes | |
---|
Sociedade | |
---|
Véxase tamén | |
---|