Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dennis MacAlistair Ritchie, nado o 9 de setembro de 1941 en Bronxville, Nova York e finado o 12 de outubro de 2011,[1][2][3] foi un científico computacional estadounidense.
Colaborou no deseño e desenvolvemento dos sistemas operativos Multics e Unix, así como no desenvolvemento de varias linguaxes de programación coma o C, tema sobre o cal escribiu un famoso clásico das ciencias da computación xunto a Brian Wilson Kernighan: A linguaxe de programación C.
Recibiu o Premio Turing de 1983 polo seu desenvolvemento da teoría de sistemas operativos xenéricos e a súa posta en funcionamento na forma do sistema Unix. En 1998 foille concedida a Medalla Nacional de Tecnoloxía dos Estados Unidos de América. En 2007 xubilouse, sendo o xefe do departamento de Investigación en software de sistemas de Alcatel-Lucent.