Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Avarua (que significa "Dous Portos" en lingua maorí das Illas Cook) é unha cidade, e un distrito no norte da illa de Rarotonga, e é a capital nacional das Illas Cook.
A cidade está servida polo Aeroporto Internacional de Rarotonga (Código IATA do aeroporto: RAR) e o porto de Avatiu.
A poboación do distrito de Avarua é de 5.445 (censo do 2006) e a vila 2600.[1]
A cidade e o distrito de Avarua divídense en 18 tapere (subdistritos tradicionais) sobre 54 totais para Rarotonga [Cómpre referencia], agrupados en 6 distritos censais, listados de oeste a leste. As cifras do Censo non están dispoñibles no nivel máis alto, senón só para os chamados Distritos censuais,[2] tamén figuran de oeste a leste[3]:
- Nikao-Panamá (1.373 habitantes), cubrindo os taperes de:
- Pokoinu,
- Nikao (sede do parlamento das Illas Cook) e
- Puapuautu;
- Avatiu-Ruatonga (951 habitantes), cubrindo os taperes de:
- Areanu,
- Kaikaveka,
- Atupa,
- Avatiu (porto comercial), e
- Ruatonga;
- Tutakimoa-Teotue (314 habitantes), cubrindo os tiperes de:
- Tutakimoa;
- Takuvaine-Parekura (786 habitantes), cubrindo os taperes de:
- Tauae (cara a dentro de Tutakimoa, o único Tapere sen liña de costa)
- Takuvaine (centro Avarua, sede do goberno das illas Cook, co porto pesqueiro de Avarua)
- Tupapa-Maraerenga (531 habitantes), cubrindo os taperes de:
- Ngatipa, e
- Vaikai;
- Pue-Matavera (1.490 habitantes), cubrindo os taperes de:
- Tapae-I-Uta,
- Pobo,
- Punamaia,
- Kiikii, e
- Tupapa
- ↑ Hassall, Graham; Tipu, Feue (28 de abril de 2008). "Local Government in the South Pacific Islands". Commonwealth Journal of Local Governance (1): 7–29. doi:10.5130/cjlg.v1i0.766. Consultado o 2 de maio de 2017 – vía epress.lib.uts.edu.au.
- ↑ "Archived copy" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de outubro de 2008. Consultado o 2008-08-29.
- ↑ P.H. Curson: "Population Change in the Cook Islands - The 1966 Population Census". In: New Zealand Geographer, Vol. 28, 1972, pp. 51-65, map p.52
|
---|
|
Australasia | | |
---|
Melanesia | |
---|
Micronesia | |
---|
Polinesia |
- Adamstown, Illas Pitcairn8
- Alofi, Niue9 ·Apia, Samoa
- Avarua, Illas Cook9
- Fakaofo, Tokelau9
- Funafuti, Tuvalu
- Hanga Roa, Illa de Pascua10
- Honolulu, Hawai11
- Matāʻutu, Wallis e Futuna4
- Nukuʻalofa, Tonga
- Pago Pago, Samoa Americana6
- Papeete, Polinesia francesa4
|
---|
|