Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A arquidiocese de Oviedo (en latín: Archidioecesis Ovetensis) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2005 contaba con 1.016.000 bautizados sobre unha poboación total de 1.075.000 habitantes. O seu arcebispo dende 2009 é Jesús Sanz Montes.
Mapa da diocese de Oviedo de 1894.
A arquidiocese abrangue a totalidade de Asturias. A sé arcebispal é a cidade de Oviedo, onde está a Catedral do Santo Salvador. O territorio está organizado en 934 parroquias.
Limita ao oeste coas dioceses de Mondoñedo-Ferrol e Lugo, ao sur coas de Astorga e León, e ao leste coa de Santander.
|
---|
|
Arquidioceses: | |
---|
Dioceses: | |
---|
Outras: | |
---|