Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alençon é unha comuna francesa situada no departamento de Orne, na rexión de Baixa Normandía. En 1999 tiña 28.935 habitantes.
Está testemuñada a existencia dunha pequena aglomeración galo-romana, que se mantén durante as época merovinxia e calorinxia. Durante o século X, Alençon foi o lugar de enfrontamento entre Normandía e a rexión do Maine. Do ano 1080 data a primeira mención a un burgus (burgo fortificado). Foi ocupada polos ingleses durante as guerras Anglo-Normandas de 1113 a 1203. En 1285 foi erixido en ducado, no ano 1549 foi unido definitivamente ao dominio do rei. O 17 de xuño de 1940 o exército alemán invadiu Alençon durante a segunda guerra mundial. O 12 de agosto de 1944 foi a primeira cidade do continente en ser liberada polo exército francés, baixo o mando do Xeneral Leclerc.
O seu alcalde (2017) é Emmanuel Darcissac, do Partido Socialista Francés.