Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Arquipélago xaponés (日本列島, Nihon Rettō?) é un grupo de 6.852 illas que forman o Xapón. Esténdese sobre 3000 km.[2] desde o Mar de Okhotsk ao nordés ata o Mar de Filipinas ao sur ao longo da costa nororiental do continente de Eurasia. Está formado por illas desde o arco da illa de Sakhalin, o arco nordés do Xapón ata as illas Ryukyu e as Illas Nanpō.
O termo "Home Islands" foi usado ao final da segunda guerra mundial para definir a área do Xapón á que se restrinxiría a súa soberanía e ao dominio constitucional do Emperador do Xapón. O termo tamén é usado habitualmente hoxe para distinguir o arquipélago das colonias do Xapón e outros territorios na primeira metade do século XX.[3]
Cambios de formas terrestres do Xapón ao longo do tempo
-
Arquipélago xaponés,
Mar do Xapón e parte circundante de Asia Oriental continental no
Mioceno temperán (23-18 Ma)
-
Arquipélago xaponés, Mar do Xapón e parte circundante do continente de Asia Oriental no
Piloceno medio ao
Plioceno tardío (3.5-2 Ma)
-
O arquipélago xaponés no
Último Máximo Glacial hai uns 20.000 anos, a fina liña negra indica as costas actuais
Terra fértil Terra non fértil Océano
O arquipélago consta de 6.852 illas[4] (aquí definido como terra máis de 100 m de circunferencia), das cales 430 están habitadas.[5] As catro illas principais, de norte a sur, son Hokkaido, Honshu, Shikoku, e Kyūshū, Honshu é a maior e coñecida como continente xaponés.[6]
A actual topografía do arquipélago xaponés é:
Parte oriental de Hokkaido (parte do arco das Kuril);
As Illas Nanpō administradas pola Metrópole de Toquio.
As Illas Ryukyu administradas pola Prefectura de Kagoshima e Prefectura de Okinawa.
- Hokkaido – A segunda illa máis grande do Xapón e a prefectura máis grande e máis setentrional, que consta de 14 subprefecturas.
- Honshu – A illa máis grande e máis poboada do Xapón, que consta de cinco rexións..
- Shikoku – A illa máis pequena e menos poboada do arquipélago, que consta de catro prefecturas.
- Kyūshū – A terceira illa máis grande do arquipélago, que consta de oito prefecturas, incluíndo as Illas Okinawa no arquipélago de Ryukyu.
- Sakhalin – Anteriormente coñecido e administrado polo Imperio do Xapón como Prefectura de Karafuto e unha parte da Federación Rusa, ás veces considérase xeograficamente parte do arquipélago xaponés, aínda que o Xapón renunciou á súa reclamación á illa no século XX.[7]
- ↑ 最新結果一覧 政府統計の総合窓口 GL08020101. Statistics Bureau of Japan. Consultado o 27 de abril de 2016.
- ↑ "Water Supply in Japan". Ministry of Health, Labour and Welfare. Arquivado dende o orixinal (website) o 26 de xaneiro de 2018. Consultado o 26 de setembro de 2018.
- ↑ Milton W. Meyer, Japan: A Concise History, 4th ed. Lanham, Maryland: Rowman & Littlefield, 2012, ISBN 9780742541184, p. 2.
- ↑ "離島とは(島の基礎知識)". Ministry of Land, Infrastructure, Transport and Tourism. Arquivado dende o orixinal (website) o 13 de novembro de 2007. Consultado o 3 de outubro de 2018.
- ↑ "Islands in Abundance", Look Japan Volume 43, Issues 493–504, p. 37.
- ↑ "Japanese Archipelago", TheFreeDictionary.com, retrieved 24 June 2013.
- ↑ "The Chautauquan", Volume 42, p. 6.