Ángeles Huerta
Ángeles Huerta González, nada en Xixón en 1974 e residente en Galiza dende o ano 2002,[1] é unha directora de cine e guionista.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1974 (49/50 anos) Xixón, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Oviedo |
Actividade | |
Ocupación | directora de cinema , guionista |
Lingua | Lingua galega, lingua castelá e lingua asturiana |
Obra | |
Obras destacables
| |
Traxectoria
editarDoutora en Literatura Comparada pola Universidade de Oviedo, comezou realizando curtametraxes de xeito autodidacta ao tempo que ensinaba idiomas, chegando a rodar dúas películas co seu alumnado de italiano (Amore ossoleto e Roma è troppo lontana).[2] Posteriormente mudouse a Londres e diplomouse en Practical Filmmaking na MetFilm School, rodando outras dúas curtas (Normal people e The Fetch). Traballou tamén no guión de La Nadadora, de Sandra Sánchez, e colaborou como documentalista en proxectos de comunicación alternativos.
Estreouse na especialidade de longametraxe co filme Esquece Monelos, o documental galego máis premiado no ano 2017. Esta obra foi galardoada co Premio Mestre Mateo na categoría de Mellor Documental, Mellor Dirección de Fotografía (Jaime Pérez) e Mellor Montaxe (Sandra Sánchez); e obtivo a Mención Especial do Xurado do certame Documentamadrid.[3] O filme foi candidato aos Premios Goya 2018 en oito categorías e finalista nos Premios Feroz na categoría Mellor Documental.
O seu seguinte proxecto foi outra longametraxe, O corpo aberto.[4] Unha historia de ficción baseada no relato Lobosandaus,[5] que forma parte do libro de contos Arraianos, publicado por Xosé Luís Méndez Ferrín. A película estreouse en outono de 2022,[6] e obtivo 12 premios na edición de 2023 dos premios Mestre Mateo, entre eles o da mellor longametraxe, mellor dirección e mellor guión.[7]
O 1 de xullo do 2023 foi nomeada Xuíza Honoraria do Couto Mixto.[8]
Obras
editarCurtametraxes
editar- Corredor (2009)
- Io ti ailoviu (amore ossoleto) (2011)
- Normal People (a smartphone tragedy) (2013)
- Roma è troppo lontana (2013)
- The Fetch (2014)
- Próxima estación, San Sadurniño (2017)
- A nena azul (2018)
Longametraxes
editar- Esquece Monelos (2017)
- O corpo aberto (2022)[9]
Notas
editar- ↑ "Espazo persoal da directora na web oficial do documental Esquece Monelos". Arquivado dende o orixinal o 04/08/2020. Consultado o 26/06/2019. Arquivado 04/08/2020, en Wayback Machine.
- ↑ "Biografía de Ángeles Huerta na web do Instituto Cervantes.". Consultado o 26/06/2019.
- ↑ "Olvida Monelos - DOCUMENTAMADRID 2017". DOCUMENTAMADRID. Consultado o 2021-12-02.
- ↑ "Rodaxe na fronteira portuguesa de 'O corpo aberto'". G24. Consultado o 2021-12-02.
- ↑ "A Cuarta Parede - Entrevista a Ángeles Huerta". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2019. Arquivado 26 de xuño de 2019 en Wayback Machine.
- ↑ RTVE, PRENSA (2021-11-11). "Comienza el rodaje de 'O corpo aberto', película participada por RTVE". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2021-11-11.
- ↑ "'O Corpo Aberto' consegue 12 premios na edición dos Mestre Mateo de 2023". Nós Diario. 2023-03-12. Consultado o 2023-03-12.
- ↑ "Os novos xuíces honorarios do Couto Mixto reivindicaron un mundo sen fronteiras". 02/07/2023. Consultado o 03/07/2023.
- ↑ Mato, Mar (2022-12-08). "“Me parecía arrebatador hacer una película de amor con potencial contemporáneo y queer"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-12-08.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha persoal en CREA (Asociación de Directores e Realizadores de Galicia) Arquivado 15 de abril de 2019 en Wayback Machine.