Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os turcos[19] (en turco: türkler) ou pobo turco (en turco: türk ulusu), tamén coñecidos como turcos anatolios (turco: Anadolu Türkleri), son un grupo étnico que vive principalmente en Turquía e falan o turco, a máis estendida das linguas turcas. Son o principal grupo étnico de Turquía, e o meirande grupo étnico entre tódolos falantes de linguas turcas. Existen minorías turcas nos antigos territorios do Imperio Otomán. Ademais, existe unha gran diáspora turca que se estableceu en numerosas partes do mundo, particularmente en Europa Occidental.