www.fgks.org   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lilith Verstrynge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLilith Verstrynge

(2022) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de xullo de 1992 Editar o valor em Wikidata (32 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Secretaria de Estado para a Axenda 2030
27 de xullo de 2022 – 23 de novembro de 2023 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesLilu Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña
Francia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade París-Diderot
Universidade de Múnic - posgrao
Universidade Sorbonne-Nouvelle - posgrao
Liceo Francés de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPodemos (2016–2023) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisJorge Verstrynge Rojas Editar o valor em Wikidata  e Mercedes Revuelta Editar o valor em Wikidata
IrmánsRené Verstrynge Revuelta Editar o valor em Wikidata

Lilith Verstrynge Revolta, nada en Madrid o 7 de xullo de 1992,[1] é unha política española, de nacionalidade franco-española. Foi secretaria de Estado para a Axenda 2030 do Ministerio de Dereitos Sociais entre 2022 e 2023,[2] así como deputada nas Cortes Xerais por Barcelona entre 2023 e 2024. Así mesmo, tamén foi secretaria de Organización de Podemos entre 2021 e 2023.[3] Ten unha formación universitaria como historiadora e politicóloga.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

É filla de Jorge Verstrynge e de Mercedes Revuelta. Ten tres irmáns: Sigfrido, Eric e René. Criouse no barrio de Fuente del Berro, unha zona residencial en Madrid.[4]

Empezou os seus estudos no madrileño Liceo Francés e, con dezasete anos, foise a París para estudar como bolseira unha licenciatura de Historia na Universidade Denis Diderot. Continuou os seus estudos na escola de Ciencias Políticas e Estudos Europeos na Universidade da Sorbona. Ten un máster en Relacións Internacionais (pola LMU Múnic) e formouse en «alto funcionariado e cadros políticos» polo Instituto Republicano do Servizo Público de Francia así como na promoción "Social Demain" un programa de formación bolseira de balde para mozos que traballarán no eido das políticas sociais.[5]

Durante a súa estancia en Francia fundou e dirixiu unha pequena revista de opinión e análise política Dispara Magazine e, posteriormente, foi responsable da revista da sección de política do medio Le Vent Se Lève.

Carreira política[editar | editar a fonte]

A súa carreira política comezou en 2016 como asistente e máis tarde asesora parlamentaria na delegación de Podemos no Parlamento Europeo. Tras regresar a Madrid, incorporouse ao Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 onde traballou como asesora parlamentaria e de discurso da Vicepresidencia Segunda do Goberno de España. Foi designada como responsable de Transición Ecolóxica e, en xuño de 2021, púxose á fronte da Secretaría de Organización de Podemos,[6][7] sendo a primeira muller en ocupar este cargo.

En xullo de 2022 foi designada pola ministra de Dereitos Sociais, Ione Belarra, para asumir a secretaría de Estado para a Axenda 2030.[8] Cesou a finais de 2023, tras a saída de Belarra do Ministerio.

O 26 de xaneiro de 2024 anunciou nas súas redes sociais que renunciaba a todos os seus cargos en Podemos, así como á súa acta de deputada no Congreso, despois de seis meses como representante pola circunscrición de Barcelona,[9][10][11] por motivos de saúde.[12]

En 2024, comezou a colaborar co xornal El País.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Riveiro, Aitor (2021-07-08). "Lilith Verstrynge: "En 2015 Podemos respondió a la indignación y ahora toca responder a la desafección política"". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2023-06-10. 
  2. "Real Decreto 655/2022, de 26 de julio, por el que se nombra Secretaria de Estado para la Agenda 2030 a doña Lilith Verstrynge Revuelta.". boe.es. Consultado o 2022-07-27. 
  3. Mendoza, Karmele; Belarra, Ione (2017-04-06). "Menores Migrantes en Bizkaia: Entre la protección y el control". RIEM. Revista internacional de estudios migratorios 5 (2): 227–259. ISSN 2173-1950. doi:10.25115/riem.v5i2.412. Consultado o 2022-07-24. 
  4. Nast, Condé (2021-06-14). "Ecologista y políglota: así es Lilith, la hija de Jorge Verstrynge y nueva secretaria de Estado de Podemos". Vanity Fair (en castelán). Consultado o 2022-07-24. 
  5. "Lilith Verstrynge, una líder con pedigrí educada en la Sorbona". 
  6. "Lilith Verstrynge, nueva secretaria de Organización de Podemos". 
  7. "Cómo Lilith Verstrynge ha pasado de ser "Barbie" en TV a la sombra de Belarra al frente de Podemos". 
  8. RTVE.es/AGENCIAS (2022-07-22). "Lilith Verstrynge será la nueva secretaria de Estado para la Agenda 2030". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2022-07-24. 
  9. "Lilith Verstrynge, secretaria de Organización de Podemos, deja el partido y renuncia a su acta de diputada". Cadena SER. Consultado o 26 de xaneiro de 2024. 
  10. "Tuit de Lilith Verstrynge". Twitter. Consultado o 26 de xaneiro de 2024. 
  11. Chouza, Paula (2024-01-26). "Lilith Verstrynge, ‘número tres’ de Podemos y diputada, renuncia a todos sus cargos". El País (en castelán). Consultado o 2024-01-26. 
  12. 20minutos (2024-01-26). "Lilith Verstrynge abandona la dirección de Podemos y su escaño en el Congreso por motivos de salud". www.20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). Consultado o 2024-01-26. 
  13. Verstrynge, Lilith (2024-05-27). "El abrazo del dragón rojo". El País (en castelán). Consultado o 2024-06-13.