Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gravado de Durero, San Xerónimo no seu estudio, 1514.
Punzóns para gravado
O gravado[1] ou gravura[2] é a arte de converter (e tamén a transformación en si) unha superficie plana nunha matriz que serve de punto inicial para a reprodución dunha imaxe.
O gravado (que literalmente é facer unha incisión) faise normalmente sobre metal ou sobre madeira (xilografía). Mediante o proceso de gravar obtense unha matriz que se utilizará para estampar, normalmente sobre papel ou tea, e obter o que comunmente se chama "gravado" pero que especificamente é unha estampa. Este proceso permite obter varios exemplares dunha mesma matriz, aínda que cada unha das estampas ou copias é unha obra única. Segundo a técnica ou material usados, poden ser:
- ↑ "gravado". Real Academia Galega. Consultado o 2023-04-07.
- ↑ "gravura". ilg.usc.gal; Dicionario de dicionarios. Consultado o 2023-04-07.