www.fgks.org   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Interleucina 4: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 37: Liña 37:
== Estrutura ==
== Estrutura ==


IL-4 has a compact, globular [[protein folding|fold]] (similar to other [[cytokines]]), stabilised by 3 [[disulphide bonds]].<ref name="pmid1993171">{{cite journal | author = Carr C, Aykent S, Kimack NM, Levine AD | title = Disulfide assignments in recombinant mouse and human interleukin 4 | journal = Biochemistry | volume = 30 | issue = 6 | pages = 1515–23 |date=February 1991 | pmid = 1993171 | doi = 10.1021/bi00220a011| url = }}</ref> One half of the structure is dominated by a 4 [[alpha-helix]] bundle with a left-handed twist.<ref name="pmid1400355">{{cite journal | author = Walter MR, Cook WJ, Zhao BG, Cameron RP, Ealick SE, Walter RL, Reichert P, Nagabhushan TL, Trotta PP, Bugg CE | title = Crystal structure of recombinant human interleukin-4 | journal = J. Biol. Chem. | volume = 267 | issue = 28 | pages = 20371–6 |date=October 1992 | pmid = 1400355 | doi = | url = }}</ref> The helices are [[Antiparallel (biochemistry)|anti-parallel]], with 2 overhand connections, which fall into a 2-stranded anti-parallel [[beta-sheet]].<ref name="pmid1400355" />
A IL-4 present un [[pregamento das proteínas|pregamento]] globular compacto (similar ao doutras [[citocina]]s), estabilizado por 3 [[ponte disulfuro|pontes disulfuro]].<ref name="pmid1993171">{{cite journal | author = Carr C, Aykent S, Kimack NM, Levine AD | title = Disulfide assignments in recombinant mouse and human interleukin 4 | journal = Biochemistry | volume = 30 | issue = 6 | pages = 1515–23 |date=February 1991 | pmid = 1993171 | doi = 10.1021/bi00220a011| url = }}</ref> Unha metade da estrutura está dominada por un feixe de [[hélice alfa|hélices alfa]] con xiro levóxiro.<ref name="pmid1400355">{{cite journal | author = Walter MR, Cook WJ, Zhao BG, Cameron RP, Ealick SE, Walter RL, Reichert P, Nagabhushan TL, Trotta PP, Bugg CE | title = Crystal structure of recombinant human interleukin-4 | journal = J. Biol. Chem. | volume = 267 | issue = 28 | pages = 20371–6 |date=October 1992 | pmid = 1400355 | doi = | url = }}</ref> As hélices son [[antiparalelismo (bioquímica)|antiparalelas]], con dúas conexións colgantes, que caen formando unha [[folla beta]] antiparalela de dúas febras.<ref name="pmid1400355" />


== Descubrimento ==
== Descubrimento ==

Revisión como estaba o 3 de febreiro de 2015 ás 20:38

Interleucina 4
Análise da estrutura en solución da interleucina humana 4 determinada por técnicas de resonancia magnética nuclear tridimensionais.
Identificadores
SímboloIL4
PfamPF00727
Pfam clanCL0053
InterProIPR002354
PROSITEPDOC00655
SCOPe2int / SUPFAM

A interleucina 4 (IL-4 ou IL4) é unha citocina do grupo das interleucinas que induce a diferenciación das células T colaboradoras virxes (células Th0) a células Th2. Despois de que as célula Th2 foron activadas pola acción da IL-4, estas producen cantidades adicionais de IL-4 nun bucle de retroalimentación positiva. A célula que produce inicialmente a IL-4, e que causou así a diferenciación da Th0, non foi aínda identificada con certeza, pero estudos recentes suxiren que estas células efectoras poden ser os basófilos.[1] A IL-4 está estreitamente relacionada coa interleucina 13 e ambas as dúas teñen funcións similares.

Función

Ten varias funcións biolóxicas entre as que están a estimulación da proliferación de [[célula B|células B]+ e T activadas, e a diferenciación das células B en células plasmáticas. É un regulador clave nas inmunidades humoral e adaptativa. A IL-4 induce na célula B o cambio de clase das IgE, e regula á alza a produción de MHC de clase II. A IL-4 fai diminuír a produción de IL-12 en células Th1, msacrófagos, IFN-gamma, e células dendríticas.

A sobreprodución de IL-4 está asociada a alerxias.[2]

Inflamación e reparación de feridas

Os macrófagos dos tecidos xogan un importante papel na inflamación crónica e na curación de feridas. A presenza de IL-4 nos tecidos extravasculares promove a activación alternativa dos macrófagos en células M2 e inhibe a activación clásica dos macrófagos en células M1. O incremento de macrófagos reparadores (M2) está acoplado coa secreción de IL-10 e TGF-β que teñen como resultado a diminución da inflamación patolóxica. A liberación de arxinase, prolina, poliaminases e TGF-β por parte da célula M2 activada está ligada coa reparación de feridas e a fibrose.[3]

Receptor

O receptor da interleucina 4 chámase IL-4Rα. Este receptor pode atoparse formando parte de tres complexos diferentes no corpo. Os receptores de tipo 1 están compostos da subunidade IL-4Rα cunha cadea γ común e únese especificamente á IL-4. Os receptores de tipo 2 constan dunha subunidade IL-4Rα unida a unha subunidade diferente chamada IL-13Rα1. Estes receptores de tipo 2 teñen a capacidade de unirse tanto a IL-4 e a IL-13, dúas citocinas con funcións biolóxicas moi relacionadas.[4][5]

Estrutura

A IL-4 present un pregamento globular compacto (similar ao doutras citocinas), estabilizado por 3 pontes disulfuro.[6] Unha metade da estrutura está dominada por un feixe de hélices alfa con xiro levóxiro.[7] As hélices son antiparalelas, con dúas conexións colgantes, que caen formando unha folla beta antiparalela de dúas febras.[7]

Descubrimento

This cytokine was co-discovered by Maureen Howard and William Paul[8] and by Dr. Ellen Vitetta and her research group in 1982.

The nucleotide sequence for human IL-4 was isolated four years later confirming its similarity to a mouse protein called B-cell stimulatory factor-1 (BCSF-1).[9]

Importancia clínica

IL-4 also has been shown to drive mitogenesis, dedifferentiation, and metastasis in rhabdomyosarcoma.[10] IL-4, along with other Th2 cytokines, is involved in the airway inflammation observed in the lungs of patients with allergic asthma.

Notas

  1. Sokol, C.L., Barton, G.M., Farr, A.G. & Medzhitov, R. (2008). "A mechanism for the initiation of allergen-induced T helper type 2 responses". Nat Immunol 9 (3): 310–318. PMID 18300366. doi:10.1038/ni1558. 
  2. Hershey GK, Friedrich MF, Esswein LA, Thomas ML, Chatila TA (December 1997). "The association of atopy with a gain-of-function mutation in the alpha subunit of the interleukin-4 receptor". N. Engl. J. Med. 337 (24): 1720–5. PMID 9392697. doi:10.1056/NEJM199712113372403. Resumo divulgativoeurekalert.org. 
  3. Jon Aster, Vinay Kumar, Abul K. Abbas; Nelson Fausto (2009). Robbins & Cotran Pathologic Basis of Disease (8th ed.). Philadelphia: Saunders. p. 54. ISBN 1-4160-3121-9. 
  4. Maes T, Joos GF, Brusselle GG (September 2012). "Targeting interleukin-4 in asthma: lost in translation?". Am. J. Respir. Cell Mol. Biol. 47 (3): 261–70. PMID 22538865. doi:10.1165/rcmb.2012-0080TR. 
  5. Chatila TA (October 2004). "Interleukin-4 receptor signaling pathways in asthma pathogenesis". Trends Mol Med 10 (10): 493–9. PMID 15464449. doi:10.1016/j.molmed.2004.08.004. 
  6. Carr C, Aykent S, Kimack NM, Levine AD (February 1991). "Disulfide assignments in recombinant mouse and human interleukin 4". Biochemistry 30 (6): 1515–23. PMID 1993171. doi:10.1021/bi00220a011. 
  7. 7,0 7,1 Walter MR, Cook WJ, Zhao BG, Cameron RP, Ealick SE, Walter RL, Reichert P, Nagabhushan TL, Trotta PP, Bugg CE (October 1992). "Crystal structure of recombinant human interleukin-4". J. Biol. Chem. 267 (28): 20371–6. PMID 1400355. 
  8. Howard M, Paul WE (1982). "Interleukins for B lymphocytes". Lymphokine Res. 1 (1): 1–4. PMID 6985399. 
  9. Yokota T; et al. (1986). "Isolation and characterization of a human interleukin cDNA clone, homologous to mouse B-cell stimulatory factor 1, that expresses B-cell- and T-cell-stimulating activities". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 83 (16): 5894–8. PMC 386403. PMID 3016727. doi:10.1073/pnas.83.16.5894. 
  10. Hosoyama T, Aslam MI, Abraham J, Prajapati SI, Nishijo K, Michalek JE, Zarzabal LA, Nelon LD, Guttridge DC, Rubin BP, Keller C (May 2011). "IL-4R Drives Dedifferentiation, Mitogenesis, and Metastasis in Rhabdomyosarcoma". Clin Cancer Res 17 (9): 2757–2766. PMC 3087179. PMID 21536546. doi:10.1158/1078-0432.CCR-10-3445. 

Véxase tamén

Outras lecturas

Ligazóns externas

Este artigo incorpora texto en dominio público de Pfam e InterPro - IPR002354.