www.fgks.org   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Découvertes Gallimard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.

Découvertes Gallimard
A nova edición de «Découvertes Gallimard»
Autor/aVarios autores
Orixe Francia
LinguaFrancés
Tema(s)Humanidades
Xénero(s)Enciclopedia
EditorialÉditions Gallimard
Data de pub.Francia 1986–presente
editar datos en Wikidata ]

«Découvertes Gallimard» (Francés: [dekuvɛʁt ɡalimaːʁ], literalmente «Descubrimentos Gallimard»; publicada en España como «Aguilar Universal», «Biblioteca de bolsillo CLAVES» e «Biblioteca ilustrada») é unha colección enciclopédica de libros de peto ilustrados sobre unha variedade de temas. Foi publicada o 21 de novembro de 1986 polas Éditions Gallimard co primeiro volume À la recherche de l'Égypte oubliée (lit. «Á busca do Exipto esquecido»), escrito polo exiptólogo francés Jean Vercoutter.[1] A colección contén actualmente máis de 700 libros.

Visión xeral

Benvida ós peregrinos, fresco do século XV, utilizouse para a cuberta do volume 174 Compostelle, le grand chemin (lit. «Compostela, o gran camiño»), escrito por Xavier Barral i Altet.[2]

O formato A6 (125 × 178 mm) é utilizado para estes mini libros e impreso en papel recuberto, groso e satinado, ricamente decorado con ilustracións a toda cor, desde o que saltan dúas ou tres imaxes por páxina. Cada libro está composto por unha monografía e céntrase nun tema en particular, toda a colección abarca todas as áreas de coñecemento e experiencia humana, coas contribucións de 502 especialistas.[3] Usan xeralmente a liña de tempo e perspectivas históricas para describir un tema, por exemplo, o 174º título Compostelle : Le grand chemin, que narra en orde cronolóxica para presentar a historia do Camiño de Santiago, e unha antoloxía da arte románica. Case todos os volumes seguen o mesmo método, polo tanto, a historia é o elemento esencial da perspectiva para esta obra.

Críticas

A revista cultural francesa Télérama eloxiou a colección: «Os volumes de ‹Découvertes Gallimard› toman o suspense do cine, teñen a eficiencia do xornalismo, o temperamento literario é o seu encanto, e a arte é a súa beleza.»[3]

Notas

  1. Éditions Gallimard (ed.). "À la recherche de l'Égypte oubliée, collection Découvertes Gallimard (n° 1)". gallimard.fr (en francés). Consultado o 5 de maio de 2017. 
  2. "Compostelle, le grand chemin, collection Découvertes Gallimard (n° 174)" (en francés). Éditions Gallimard. Consultado o 5 de maio de 2017. 
  3. 3,0 3,1 Éditions Gallimard (ed.). "Collection Découvertes Gallimard". gallimard.fr (en francés). Consultado o 5 de maio de 2017. 

Ligazóns externas

Compostelle, le grand chemin, pp. 2–3
Compostelle, le grand chemin, pp. 2–3
Compostelle, le grand chemin, pp. 6–7
Compostelle, le grand chemin, pp. 6–7
Manuscrito das Cantigas de Santa María.