Fundación Wikimedia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fundación Wikimedia
Wikimedia Foundation logo - vertical.svg
Wikimedia Foundation office at One Montgomery Tower - reception area display (4601).jpg
Imaxina un mundo no que todo ser humano poida compartir libremente a suma de todo o coñecemento
Tipofundación, entidade filantrópica e wiki hosting service
Campo de traballocoñecemento libre
Área de operaciónmundial
Data de fundación20 de xuño de 2003
Fundador(es)Jimbo Wales
Presidente/aNatalia Tymkiv (2021-)
Director/aSue Gardner, Lila Tretikov, Katherine Maher, Brad Patrick e Maryana Iskander
Nº de empregados450 (2021)
Organización subsidiariaWikimedia Korea, Wikimedia Deutschland, Wikimedia España e Wikimedia, LLC
PremiosOSM Innovation Award
SedeSan Francisco
Enderezo1 MONTGOMERY ST STE 1600 94104 SAN FRANCISCO
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://wikimediafoundation.org/
IMDB: co0205452 Facebook: wikimediafoundation Twitter: Wikimedia Instagram: wikimediafoundation Telegram: WikimediaGeneral LinkedIn: 27378 Youtube: UCgIIsBhcseFH1Kghmo0ULbA GitHub: wikimedia Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Wikimedia Foundation, Inc. (en galego: Fundación Wikimedia) é a organización matriz da Galipedia (Wikipedia), Galizionario (Wiktionary), Galicitas (Wikiquote), Galilibros (Wikibooks), Galifontes (Wikisource), In Memoriam 9/11, Wikimedia Commons, Wikidata, Wikispecies, Wikinews, Wikiversity, Wikivoyage e a abandonada Nupedia. É unha fundación sen fins lucrativos que obedece ás leis do estado da Florida nos Estados Unidos. A súa existencia foi anunciada polo antigo director xeral de Bomis e cofundador da Wikipedia, Jimbo Wales, o 20 de xuño do 2003. A coordinación de todos os proxectos Wikimedia, incluído MediaWiki, está en Meta-Wiki e nas distintas listas de discusións.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome da Wikimedia é unha mestura entre wiki e multimedia, este nome foi acuñado por Sheldon Rampton nunha lista de correo en marzo do 2003. Os nomes de dominio https://web.archive.org/web/20190904133753/https://www.wikimedia.org/ e http://wikimediafoundation.org foron adquiridos para a fundación por Daniel Mayer. Os nomes e marcas dos servidores da Wikimedia son de propiedade dos propios proxectos da Wikimedia e MediaWiki. Os colaboradores posúen os contidos baixo a licenza GNU FDL previndo que calquera persoa controle os contidos.

Servidores[editar | editar a fonte]

Nun principio, a organización contaba con 15 servidores. Co paso do tempo, fixeron falta máis servidores debido ao crecente tráfico diario. Isto provocou que nun período de 18 meses se pasase desa cantidade a 200 servidores. Actualmente[cando?] o número está en 400.

Nos primeiros anos, os servidores de Wikimedia utilizaron como software unha mestura de distintas versións das distribucións Red Hat e Fedora. En outubro do 2008[1] comezou a mudar os seus 400 servidores a Ubuntu, coa finalidade de simplificar a administración dos mesmos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ryan Paul. "ArsTechnica - Wikipedia adopts Ubuntu for its server infrastructure" (publicación web) (en inglés). Consultado o 28/12/2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]