Blaise Pascal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Blaise Pascal.

Blaise Pascal, nado en Clermont-Ferrand o 19 de xuño de 1623 e finado en París o 19 de agosto de 1662, foi un matemático, físico, filósofo e teólogo francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do matemático Étienne Pascal e de Antoniette Bejon. Perdeu á súa nai aos tres anos de idade. O pai decidiu educar persoalmente aos seus fillos decidindo, así mesmo, desprazarse a París onde se opuxo ás medidas fiscais do Cardeal Richelieu e tivo que escapar á Bastille. Tras recuperar o seu favor, instouse en Rouen onde foi delegado rexio.

O neno Pascal, cando tiña 11 anos, escribiu un tratado sobre os sons e, pouco máis tarde, sobre os principios de Euclides verbo dos ángulos dos triángulos. Con 16 anos, redactou un ensaio sobre as seccións cónicas. Aos 18 anos, construíu unha calculadora mecánica. Na súa mocidade, escribiu xa un tratado sobre as seccións cónicas.

Realizou estudos de hidrostática e implicouse na polémica xansenista debido ás súas inquedanzas relixiosas.

Dunha saúde moi feble, non se coñece con exactitude cal foi a causa da súa morte.

Científico[editar | editar a fonte]

Contribuíu á creación da xeometría proxectiva e ao cálculo de probabilidades, así como ao desenvolvemento do cálculo infinitesimal, a mecánica dos fluídos e a presión atmosférica e perfeccionou o barómetro de Torricelli. Refutou o concepto de horror ao baleiro. Dentro da análise combinatoria é célebre o triángulo de Pascal relacionado co teorema binomial.

A el débeselle o teorema de Pascal que determina que nun hexágono nunha cónica as retas que contiveren as beiras opostas intercéptanse en puntos colineares.

Tamén formulou o principio ou Lei de Pascal que di que a presión producida nun líquido en equilibrio transmítese integralmente a todos os puntos do líquido e ás paredes do recipiente.

[editar | editar a fonte]

Pascal aprehende ao home pola súa dimensión pensante como Descartes, pero o concibe na súa fraxilidade; o home é unha cana pensante. Só con Deus o home adquire a súa auténtica grandeza.

Pascal distingue entre razón e corazón. Só no corazón cáptanse os primeiros principios que sosteñen a articulación dos razoamentos, o discurso lóxico. O corazón ten razóns que a razón non coñece.

Pascal é debedor de Agostiño de Hipona e considera que existe o perigo de facer un ídolo da verdade mesma: a verdade sen amor non é Deus; é a súa imaxe, un ídolo que non se ha de estimar nin adorar. Para el existen dúas desviacións para acadar a auténtica Verdade onde o home se encontra a si mesmo: rexeitar a razón e non admitir máis que a razón.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Essai pour les coniques (1640)
  • Experiences nouvelles touchant le vuide
  • Écrit sur la signature du formulaire (1661)
  • Les Provinciales (1658)
  • Les Pensées (póstumo)
  • Traité du triangle arithmétique (póstumo)
  • De l'esprit géométrique (1658)
  • Traité de l'équilibre des liqueurs et de la pesanteur de la masse de l'air (1648)