Evansville, Indiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Evansville
Evansvilleskyline.jpg
Flag of Evansville, Indiana.svg
Situación xeográfica
País: Estados Unidos
Estado: Indiana
Condado: Vanderburgh
Incorporada: 1819
Alcalde: Lloyd Winnecke
Xeografía
Altitude: 118 msnm
Superficie: 105,6 km²
Poboación
Poboación total: 117.429
Densidade de poboación: 1.153,4
Información
Sitio na web: http://www.evansvillegov.org/

Evansville é a terceira cidade máis grande do estado estadounidense de Indiana, e a maior de Southern Indiana. No censo do ano 2010 a cidade tiña unha poboación de 117.429 habitantes, e unha área metropolitana con 358.676. É a capital do condado de Vanderburgh é o principal centro de actividade rexional das áreas Southwestern Indiana e Illinois-Indiana-Kentucky Tri-State Area.

Establecida en 1812, a cidade está situada nun suave meandro en ferradura do río Ohio, e adoita a ser chamada "River City" (cidade do río).Unha das atraccións máis populres da rexión é o casino Aztar, o primeiro casino frotante do estado de Indiana. Evansville é tamén o fogar da University of Evansville e da University of Southern Indiana.

A ampla base económica da rexión contribuíu a construír unha economía coñecida pola súa estabilidade, diversidade e vitalidade. No ano 2004 Evansville foi nomeada unha "All-America City" pola organización National Civic League[1]. No ano 2008 foi elixida a mellor cidade do país para "vivir, traballar e xogar" polos lectores da publicación Kiplinger, e un ano despois a 11ª mellor[2].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]